EconomíaEconomíaÚltima hora

16 persoas perfeccionan os seus coñecementos de apicultura nun interesante curso na Rúa

Estaba promovido dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores e dende a Agrupación Apícola de Galicia e dirixido aos seus asociados

 

Tanto teóricos como prácticos eran os diversos contidos do “Curso de perfeccionamento apícola”, que se desenvolvía ao longo da xornada do 16 de maio na Rúa. Estaba promovido dende a Asociación Valdeorresa de Apicultores e dende a Agrupación Apícola de Galicia, e dirixido aos seus asociados.

Comezaba ás 10h. cunha sesión teórica, na que se tocaban cuestións como a bioloxía da abella melífera e conceptos evolutivos, calendario e manexo do colmear e conceptos xerais de sanidade e tratamento contra a varroa. Xa pola tarde, en campo, tiña lugar outra parte práctica, dende as 16h., dedicada a inspección, lectura e manexo xeral de colmeas.

 

 

A formación estaba impartida por Rubén Fernández, biólogo e apicultor profesional, ademais de técnico da Agrupación Apícola de Galicia.

“Resultou un Curso moi interesante, oportuno e necesario”, comentaba o presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores, Armando Rodríguez, quen ademais comentaba que “encontramos moita falta de alimento nas colmeas a consecuencia do mal tempo. Están sen alimento e temos que axudalas”.

Fotos cedidas.

 

 

 

Back to top button