EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Brinde con godello en Pena Trevinca, na Primavera das Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

 

No marco desta intensa fin de semana de Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras había tamén rutas pola alta montaña valdeoresa. Así, a empresa de servizos Rutas Xanzá propoñía unha marcha de ida e volta de casi catorce quilómetros e medio.

Saíase dende O Barco de Valdeorras en 4×4 para chegar á base do Pico Maluro, e, unha vez alí, deixábase o vehículo para iniciar a ruta a pé.  Facíase cume en Pena Trevinca (2.127 m), o teito galego, e brindábase con viño Godello.

Fotos cedidas.

 

Back to top button