Un singular espectáculo de circo despregábase na tarde do 21 de maio na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco da man de Dani Blanco. Presentaba ao público infantil a súa peza “Can de palleiro, outro circo na biblio” a partir das 18:30h.
Entre contos, moito humor, equilibrios, algunha que outra sorpresa e malabares, encandilaba á cativada con esta función que forma parte do programa “Ler Conta Moito” e que se incluía dentro do programa das Festas de Danta Rita.
Fotos: A.R.
Vídeo: O SIL.