
A ciencia sae das universidades, laboratorios e centros de investigación para achegarse á sociedade un ano máis a través da iniciativa “Pint of science” que, nesta edición, incluía nas súas actividades á vila de Viana do Bolo.
Así, ao longo de tres días, o festival gratuíto de ciencia en bares Pint of Science España levaba un total de 1.300 investigadores e investigadoras a 114 cidades e vilas. Con máis dun milleiro de eventos repartidos en decenas de localidades, o festival aposta este ano por reforzar a súa presenza en contornas menos poboadas, levando a ciencia a bares de 29 áreas rurais, entre eles o Caracas de Viana do Bolo, que participan por primeira vez a través de charlas divulgativas, monólogos e experimentos nunha linguaxe sinxela e nun ambiente próximo e participativo.

Ademais de charlas (unha titulada “Quen predí mellor, o algoritmo ou a avoa” a cargo de Jonathan S. Castaño, e outra adicada ás “abellas en acción” da man de Ana Diéguez , o programa incluía, como broche, unha cata de mel.

Tras cada sesión, o público podía interactuar directamente cos científicos y científicas, favorecendo un diálogo aberto e accesible que satisfaga todas as súas preguntas e sede de ciencia.
Fotos cedidas.
