CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

‘Pablín’ o espantallo peregrino feito polo alumnado do Pablo VI da Rúa que representa o espírito do Camiño

 

O Colexio Pablo VI-Fátima continúa impulsando iniciativas vinculadas ao espírito do Camiño de Santiago e pensando no Ano Xacobeo 2027 vén de crear a Pablín, un espantallo peregrino elaborado de maneira colaborativa polos alumnos do centro que tal como explican dende o centro, representa “os valores do Camiño, a convivencia, o esforzo compartido e a unión da comunidade educativa arredor dunha iniciativa común”.

O proxecto, que combina creatividade, tradición e identidade cultural, foi ademais finalista nun certame convocado polo IEV (Instituto de Estudios Valdeorreses), recoñecendo así o traballo artístico e educativo desenvolvido polo alumnado e fomentando valores como a cooperación, a participación e o respecto polo patrimonio cultural, “facendo do Camiño unha ferramenta educativa e de convivencia”.

 

 

Baixo o lema “Camiñamos xuntos, medramos xuntos”, a proposta resume o espírito desta experiencia colectiva e a presentación oficial tiña lugar na mañá do xoves 21 de maio nun acto que contou coa participación do alcalde de Vilamartín de Valdeorras e presidente da Asociación de , Enrique Álvarez Barreiro; da alcaldesa da Rúa, María González Albert; da profesora de Plástica-Tecnoloxía, Mª Jesús Merayo Guerrero; e do director do centro, José Fernández de Abajo.

Durante a presentación dábase a coñecer o proceso de creación desta figura peregrina, realizada “con moito agarimo” polo alumnado, así como o significado simbólico dun proxecto que reforza o vínculo do centro co Camiño de Inverno. Desde o Colexio Pablo VI destacan tamén que esta iniciativa busca fomentar valores como a cooperación, a participación e o respecto polo patrimonio cultural, facendo do Camiño unha ferramenta educativa e de convivencia.
Fotos cedidas.

 

Back to top button