Na mañá destes sábado 23 de maio, a apesares da chuvia que nunca falta nestas datas, poñíase en marcha, nas pistas do Chao (O Barco de Valdeorras), a quinta edición do Torneo de Petanca das Festas de Santa Ruta. Unha competición que se estenderá ao longo da xornada, con parada para almorzar e tamén para xantar, ata o remate entrada xa a tardiña.
Nesta edición do torneo organizado polo Club de Petanca Valdeorras son 22 as tripletas que compiten, chegadas de diferentes clubs de Valdeorras (O Barco, A Rúa e Petín), a provincia de León (San Pedro de Trones, Villafranca e Fabero) e doutras tres cidade galegas (A Coruña, Lugo e Vigo).

Fotos: Mónica G. Bellver.