EconomíaEconomíaÚltima hora

Turismo de Galicia e o Concello de Vilardevós analizan actuacións para a promoción turística da contorna

 

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, vén de manter unha reunión coa alcaldesa de Vilardevós, Tamara Balboa, na que analizou unha serie de accións de dinamización turística do Concello, coa intención de poñer en valor os seus recursos e contribuír a diversificar a oferta galega. No encontro, abordaron, entre outros asuntos, o importante papel que teñen as tradicionais Festas de San Roque. Afondaron na programación prevista para os días 13 e 14 de agosto, nas que se celebra esta cita e que é unha das épocas de maior chegada de visitantes ao municipio.

Co propósito de aproveitar a elevada actividade social e turística, búscase promover unha programación de actividades dirixidas tanto á veciñanza como aos visitantes, ao tempo que se potencian os recursos patrimoniais de Vilardevós mediante propostas diversas e de calidade. Tamén analizaron melloras de recursos turísticos do municipio, para poñer en valor esta contorna e aumentar o seu atractivo para uso turístico e veciñal.

Back to top button