Moi reñido estivo o V Torneo de Petanca das Festas da Santa Rita, no Barco de Valdeorras, que na xornada deste sábado 23 de maio xuntaba a 22 tripletas de clubs de diferentes partes de Galicia e da provincia de León.

Despois das sucesivas partidas, con paradas para almorzar e xantar, pasadas as sete e media da tarde tiña lugar a entre de premios por parte da organización, o Club de Petanca Valdeorras, contando coa asistencia do concelleiro de Cemiterio e Medio Rural, Jesús Jares.

O primeiro premio era para a tripleta do Club de Petanca A Rúa formada por Manolo, Raúl e Manolo; o segundo para a do Club de Petanca Petín formada por Gelo, Juan, Miguel Ángel e Carlos; e o terceiro para a tripleta Estrela (A Coruñ)a. O premio de consolación era para A Coruña. Tamén había agasallo para todos os participantes e un trofeo para Hugo do club de San Pedro de Tones por ser o xogador máis novo. Ademais, sorteaban unha estancia nun balneario.

Fotos: Mónica G. Bellver.