Contra ás 20h. deste domingo un aviso do 112 pola imposibilidade de contactar dende hai uns días cunha persoa do Barco con teleasistencia mobilizaba aos equipos de emerxencia. Ata o lugar do seu domicilio, na céntrica avenida Marcelino Suárez, desprazábanse unha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, os bombeiros do parque comarcal e a Garda Civil, chamando a atención dos viandantes e tamén da veciñanza do lugar.
Finalmente, comprobábase que a persoa está pasando uns días fóra do seu domicilio e por iso non era posible contactar con ela. A partir de aí finalizaba o operativo.