EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños do D.O. Monterrei, presentes na I Feira Internacional de viño WineMad, en Madrid

 

 

A Denominación de Orixe Monterrei viaxa a Madrid para presentar os seus viños na Madrid International Wine (WineMad) Fair (WineMad) do 27 ao 29 de maio. O C.R.D.O. Monterrei acudirá baixo o amparo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), nunha convocatoria que permitirá potenciar os viños de Monterrei e abrir novas canles de comercialización nesta feira internacional.

A Denominación de Orixe Monterrei presentará os seus viños en formato de túnel de viño, no cal se ofrecerá información sobre o territorio vitivinícola e as súas características, e onde se poderán degustar referencias de 17 adegas rexistradas na denominación. As adegas asistentes son: Minius, Crego e Monaguillo, Pazos do Rey, Terras do Cigarrón, Triay, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Father 1943, Gargalo, Terra de Godello, Daniel Fernández (Alba Al-Bar), Ladairo, Vía Arxéntea, Trasdovento, Pazo de Valdeconde, Fragas do Lecer, Manuel Vázquez Losada e Franco Basalo.

WineMad converterá a Madrid en punto de encontro internacional do mundo do viño, unha feira internacional dedicada ao sector, que reunirá na capital a distribuidores, importadores e compradores profesionais procedentes de distintos mercados internacionais.

“Somos conscientes da importancia de que a singularidade e calidade dos viños de Monterrei estean presentes nesta primeira edición de WineMad, un punto de encontro cunha clara vocación internacional que vai permitir impulsar a proxección dos viños de Monterrei nos mercados globais”, indica o presidente do C.R.D.O. Monterrei, Manuel Vázquez Losada.

Back to top button