A RúaConcellosÚltima hora

Unha persoa resulta ferida ao caer dun patinete eléctrico na Rúa

 

Na noite do luns 25 de maio producíase un accidente na rúa Padre Feijoo, na localidade da Rúa no que resultaba ferida unha persoa ao caer dun patinete eléctrico.

Ata o lugar dos feitos acudían voluntarios de Protección Civil da Rúa que era requerida polo CIAE 112 para colaborar coa Garda Civil e Urxencias Sanitarias 061 que trasladaba ao ferido.

Back to top button