Especialmente chamativa e participativa para os nenos e nenas que participaban na XXV Convivencia de Educación Infantil, que se desenvolvía nesta mañá no CEIP Julio Gurriarán do Barco, era a zona de exhibicións, situada no patio co centro, na que descubrían e achegábanse ao labor que desenvolven diferentes unidades da Garda Civil, así como o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, Protección Civil do Barco e Ambulancias Sil. Por alí pasaban as diferentes rotacións dos diferentes grupos.

As unidades da Garda Civil que participaban eran o Equipo Pegaso, Tráfico, Usecic, o Servizo Cinolóxico, Núcleo de servicios, Oficina móbil de Atención ao cidadán, Seguridade Cidadá, o Seprona, o Equipo plan director e o Equipo EBLY/NRBQ.

Por outra banda, tiñan lugar unha exhibicións do Servizo Cinolóxico, comprobando como traballan os cans, neste caso Kira, destrados para localizar a persoas, restos cadavéricos, drogas e diñeiro. Os nenos tamén tomaban parte activa nesta demostración.
Ademais de ver e mesmo poder probar algúns dos equipamentos da Garda Civil, os rapaces tamén aproveitaban para subirse ás motos e mesmo aos vehículos do Corpo.
Tamén se subían aos vehículos do GES, de Protección Civil e descubrían como é por dentro unha ambulancia.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.


