Con diversas e variadas actividades para todos as idades, a Praza de Abastos do Barco sumábase esta mañá de 30 de maio á campaña Quere o teu mercado, promovida pola Xunta a nivel galego coa colaboración, neste caso, da Concellería de Turismo barquense, para potenciar as prazas de abastos como eixes centrais e vertebradores do comercio local.

O programa de actividades comezaba ás 11h. co espectáculo “Charlatán Rodríguez” para público familiar, despois ofrecíase unha degustación de petiscos, elaborados polo cociñeiro Oliver e nos que utilizaban produtos aportados polos diferentes postos da praza. Así, as persoas que visitaban a praza podía desfrutar das seguintes propostas: asadura de cordeiro, brandada de bacallau, bolecha (con plátano, chocolate e avena), corneto de tartar de vieira, melón e salchichón e pan de costela.
Deseguido, a partir das 13h. comezaba un animado obradoiro infantil de cociña impartido por Darlene, de Pastelería A Casiña.

A do Barco era unha das 41 prazas de abastos, localizadas en 31 concellos galegos, nos que a Xunta celebra hoxe a campaña europea Quere o teu mercado en 41 prazas, o que supón a implicación de arredor de 1.800 praceiras e praceiros.
Fotos: Oficina de Turismo do Barco (as 5 primeiras da galería)/ A.R.
Vídeo: O SIL.