
Entre as actividades complementarias á XXVII Feira do Viño de Valdeorras, que se está a desenvolver nesta fin de semana no campo da festa do Barco, tamén se inclúen algunhas pensadas para a cativada, con propostas lúdicas e educativas relacionadas coa viticultura, convertendo así a feira nun evento para todos os públicos. Estanse a desenvolver nunha carpa no Xardín Botánico da vila.
Fotos: Carlos G. Hervella.

