En portadaÚltima horaVídeos

Multitude de persoas enchen o recinto da XXVII Feira do Viño de Valdeorras, no campo da festa do Barco

 

Multitude de persoas dábanse cita nesta tardiña de 30 de maio no recinto da XXVII Feira do Viño de Valdeorras, instalado no campo da festa do Barco. Formábanse longas colas para mercar os cataviños e os tíckets das consumicións.

 

 

O público ía encendo o recinto, no que ambiente estaba animado por unha charanga, para visitar as casetas das 22 adegas participantes nesta edición para degustar os seus brancos, rosados e tintos.

Pola noite está prevista a actuación da orquestra Olympus.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

Vídeos: O SIL.

 

 

 

Back to top button