EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei lanza “Así, si. E así, tamén”, unha campaña que reivindica todas as formas de desfrutar dos seus viños

Trátase campaña de branding creada para reforzar o posicionamento dos seus viños e achegar a marca a novos momentos de consumo. A acción difundirase en redes sociais, exterior, radio, dixital e televisión conectada

 

A Denominación de Orixe Monterrei lanza “Así, si. E así, tamén”, unha nova campaña de marca que pon en valor os seus viños desde a idea: hai moitas formas de desfrutar un Monterrei e todas poden ser válidas.
“A campaña parte dun territorio que conecta o prestixio do viño cunha mirada máis libre, contemporánea e próxima ao consumo. Fronte aos códigos máis ríxidos que a miúdo rodean ao mundo do viño, a nova comunicación de Monterrei propón unha actitude máis aberta: desfrutar sen que ninguén dite como, onde ou con que debe facerse”, segundo o seu consello regulador.

O eixo creativo articúlase ao redor da mensaxe “Así, si. E así, tamén”, unha fórmula que funciona como declaración de intencións. Monterrei reivindícase como un viño que cabe na cata e na casa, nunha copa ou nun vaso, cunha proposta gastronómica elaborada ou cunha pizza, nunha ocasión especial ou nun plan improvisado.

“A campaña mantén o foco no Godello de Monterrei, baixo o concepto “O Rei do Godello é Monterrei”, pero amplía o relato cara a unha idea de marca máis actitudinal. O obxectivo é reforzar a notoriedade da Denominación de Orixe e achegala a públicos que valoran a orixe, a calidade e a autenticidade, pero que tamén consomen viño desde códigos máis cotiáns e menos cerimoniais”, segundo o consello regulador.

O obxectivo, construír unha campaña que fale de viño sen levantar unha barreira entre quen sabe e quen simplemente desfruta. Monterrei ten produto, territorio e personalidade suficientes para estar nunha mesa de alta gastronomía e tamén nun plan espontáneo con amigos. A campaña nace precisamente de aí: do dereito para desfrutalo cada un ao seu xeito

A acción contará cunha ampla planificación de medios, combinando presenza en exterior, radio, internet, televisión conectada e redes sociais. A campaña inclúe pezas gráficas, anuncios, miniclips, cuñas e contidos específicos para redes.

 

 

O universo visual da campaña aposta por unha linguaxe directa, urbano e reconocible, con imaxes de consumo real e escenas. As pezas rompen coa representación máis clásica do viño para situalo en contextos máis amplos: desde unha comida informal en casa ata unha celebración, unha discoteca, unha terraza ou unha cata.

“Esta campaña permítenos falar de Monterrei desde a calidade, pero tamén desde a proximidade. Os nosos viños forman parte dun territorio e dunha tradición, pero tamén da vida actual de quen os elixe. Esa convivencia entre orixe e liberdade de consumo é un dos valores que queremos proxectar”, sinalan desde a Denominación de Orixe Monterrei.

Alén da dimensión audiovisual e gráfica, a estratexia social desenvolverá diferentes liñas de contido para activar a conversación coa comunidade. Entre elas, publicacións centradas en maridaxes, situacións de consumo, pezas de campaña, insights e contidos de colaboración con perfís dixitais. O obxectivo é ampliar a presenza de Monterrei no imaxinario do consumidor e reforzar a súa asociación con momentos de desfrute diversos.

Back to top button