
A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) organiza o curso presencial “Animación e Deseño no Punto de Venda”, enmarcado dentro do programa AevaEmprégate VII, desenvolvido en colaboración coa Deputación de Ourense. Será os días 6 (16.00 a 20.00 horas) e 7 de xuño (de 09.30 a 13.30 horas) no Barco. O curso será impartido por Cay Juncal decoradora de interiores e especialista en escaparatismo
O principal obxectivo desta formación é dotar aos comerciantes, autónomos e emprendedores das ferramentas estratéxicas necesarias para transformar os seus espazos físicos en contornas atractivas, capaces de captar a atención do cliente e optimizar as vendas.
“Como valor engadido e diferencial, o curso non se limitará á aula. Durante os días posteriores ás sesións teóricas, os participantes dispoñerán de 1 hora de mentorización personalizada no seu propio establecemento. Un experto visitará o negocio para analizar o seu caso particular e axudar a aplicar os coñecementos adquiridos de forma directa sobre o terreo”, segundo AEVA.
Programa formativo
O contido do curso está deseñado para ofrecer unha visión integral e sumamente práctica da xestión do espazo comercial, desagregándose nos seguintes bloques:
Como vende o noso espazo físico: Análise do percorrido e comportamento do consumidor.
Creación de mercadotecnia e animación no punto de venda: Estratexias para dinamizar o local.
Tipos de animación e publicidade comercial: * Animación visual: Arquitectura comercial, mobiliario e disposición do produto.
Animación publicitaria: Cartelería eficaz, deseño de ofertas e promocións.
Animación experimental: Organización de eventos, feiras e demostracións en vivo.
Exemplos prácticos de animacións efectivas: Casos de éxito inspiradores e reais.
Vinculación directa do noso concepto empresarial e target: Como aliñar a imaxe da tenda co público obxectivo.
O curso de formación, que se impartirá en Academia CIX Formación, é gratuíto para todas as empresas asociada á asociación empresarios de Valdeorras e terá un custo de 40€ para as non asociadas.
Inscricións e información: As prazas son limitadas. Todas as persoas interesadas en participar poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario.