Nova actuación da Coral Polifónica Candea, desta volta no país veciño. Dúas semanas despois de celebrar o seu tradicional Festival das Letras Galegas que servía para despedir ao anterior director e dar a benvida á nova, a coral de Viana do Bolo viaxaba ata a localidade portuguesa de Chaves para participar no Encontro Ibérico de Coros.
Trátase cun evento que se celebraba os días 29 e 30 de xuño contando coa participación de sete corais, tres delas galegas. A actuación de Candea, actualmente dirixida por Sandra González, tiña lugar o venres xunto aos anfitrións, a Coral de Chaves; a Coral Brigantino; e o Orfeão de Guimarães. Ao día seguinte volvía actuar a Coral de Chaves e tamén o Orfeón do Casino do Carballiño; Vidi Aquam-Coral de Senhora da Hora; e a Coral Polifónica de Arbo.

Fotos cedidas.