OurenseÚltima hora

A Federación Galega de Caza en Ourense organiza en Beariz o VIII Campionato Provincial de Compak Sporting

 

Fusiona a emoción do tiro ao prato coa paixón pola caza, ofrecendo unha experiencia divertida e desafiante para entusiastas de todos os niveis. O Compak Sporting é unha emocionante variante de tiro ao prato que destaca polo seu dinamismo e accesibilidade.

Esta modalidade practícase en campos adaptables e con dúas oportunidades para abater cada prato, os participantes desfrutan de competicións atractivas, desde o prestixioso Campionato de España ata tiradas sociais en clubs federados, cunha participación media de 100-150 tiradores.

 

 

Unha desas tiradas, o VIII Campionato Provincial (Ourense) de Compak Sporting Xunta de Galicia, celebrábase na fin de semana no “Campo de tiro A Goberna” en Beariz, organizado pola Federación Galega de Caza en Ourense co veigués Vicente Lameiro á fronte, rematando cunha churrascada trala entrega de premios.

O campión provincial foi Eduardo Salceda; o subcampión, Francisco Javier Villanueva; e o terceiro, Jesús Mozo. Na clasificación xeral, o primeiro é Sergio Loureiro, o segundo Eduardo Salceda e o terceiro José Antonio Vasconcellos

Fotos cedidas.

 

Back to top button