OurenseÚltima hora

A Policía Nacional de Ourense detén “in fraganti” a 2 homes como autores dun roubo con forza nunha farmacia

 

Axentes da Brigada de Seguridade Cidadá da Comisaría Provincial de Policía Nacional de Ourense, veñen de proceder á detención de dous homes que, na madrugada do pasado día 30 de maio, forzaron e fracturaron a porta de cristal de acceso ao local, para subtraer o diñeiro da caixa rexistradora.

Os feitos tiveron lugar nunha céntrica farmacia da cidade, cando os indicativos policiais foron comisionados pola Sala CIMACC-091, xa que ao parecer dúas persoas accederían ao interior do establecemento, atopándose este pechado.

“Cando chegaron ao lugar, os axentes observaron a cristaleira principal do local fracturada e a dous homes que ante a presenza policial foxen do lugar á carreira. Lógrase a detención inmediata dun deles e comeza unha persecución do segundo autor por parte de varios indicativos policiais coordinados, que deu como resultado a localización e detención do segundo autor nas inmediacións do río Barbaña. Por todo iso os axentes procederon á detención de ambos, non sen ofrecer resistencia á mesma, por un presunto delito de roubo con forza e o seu posterior trasladado a dependencias policiais”, segundo informa a Policía Nacional.

Tras realizar as dilixencias oportunas, foron postos ao dispor da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia en funcións de garda.

As detencións prodúcense como resultado dos labores de prevención e investigación desenvolvidas por distintas unidades policiais da Comisaría Provincial de Ourense, incardinadas dentro dun dispositivo policial específico, para a loita contra os roubos con forza en locais comerciais e interior de vehículos na cidade.

Back to top button