CulturaCulturaÚltima hora

A viaxe en ferrocarril histórico do XXIII Toral en Tren será a Quereño (Rubiá)

Estación de ferrocarril de Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Toral de los Vados vén de adiantar algúns detalles da XXIII edición de “Toral en Tren”, que se celebrará o sábado 6 e o domingo 7 de xuño. Un deles é que este ano a viaxe en tren histórico que acostuma realizarse na xornada do sábado será á localidade valdeorresa de Quereño (Rubiá).

“Como sempre, para acudir a esta viaxe hai que ir vestido de época e recoller o billete nas oficinas municipais, do 18 ao 29 de maio (prazas limitadas)”, tal e como adianta o Concello de Toral de los Vados.

 

 

Back to top button