
Con máis ou menos xente as alfombras florais que tradicionalmente adornan a zona vella do Barco con motivo da celebración do Corpus Christi téñense ido mantendo nestes últimos anos. A veciñanza da rúa Escura da vila comezou xa os preparativos de cara a continuar con esta tradición, tendo en conta que o vindeiro domingo será esta celebración.
Nese senso, piden colaboración de persoas de cara a poder desenvolver o traballo e dese xeito, elaborar novamente, fermosos tapices de cor, representando diversos motivos xeométricos e relixiosos, para recibir á procesión do Corpus Christi.
As persoas interesadas en colaborar só teñen que achegarse pola rúa Escura e falar cos veciños.