CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A estrea de “García, un cádaver informal”, de Gargallada, enche o Teatro Lauro Olmo do Barco

Este sábado haberá unha nova función nese mesmo escenario ás 20h.

 

A compañía valdeorresa Gargallada volvía reencontrarse co público na tardiña do 5 de xuño. E facíao coa estrea dunha nova obra na que volve afondar, aínda que dun xeito diferente, no terreo do humor. Así sobre o escenario dun Teatro Lauro Olmo cheo de público representaba por vez primeira “García, un cadáver informal”.

 

 

Así Gargallada apostaba desta volta pola recreación dun texto de Jardiel Poncela, con dirección de Manuel Caramés. O elenco da obra está formado por Álvaro Baños, Aurora Fernández, Xavier Blanco, Emilio González, Juanjo Fernández, Martina G. Carral, Ángel Rodríguez, Moncho Díaz, Carmen Hernández, Reyes Limia, Manuel González e Xosé Lois Conde. Gargallada convida novamente a desfrutar do humor.

Está prevista unha nova función no mesmo Teatro Lauro Olmo o sábado 6 de xuño ás 20h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Back to top button