“Unha tradición que florece e que nos une na fe”. Así definen na parroquia ruesa de Santo Estevo a celebración do Corpus Christi que tiña lugar na mañá deste domingo 7 de xuño.
Tras a misa das 13 horas no interior do templo, especialmente decorado para a ocasión, os nenos que este ano fixeron a Primeira Comuñón encabezaban a procesión pola Rúa Vella, sobre as alfombras que a veciñanza elaboraba durante a noite, enchendo de cor e tradición as empedradas rúas. Tamén os dous altares coas imaxes ás que o párroco, Daniel Pérez Quintela, ofrecía o Corpo de Cristo, un no Fondo da Rúa e outro na praza César Conti.


Fotos cedidas.