CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Lúa conquista a tres dos catro coaches das audicións a cegas e entra en “La Voz Kids” 2026 de Antena 3

Lúa á entrada dos estudos de Antena 3./ Foto cedida.

 

Quen a teña escoitado cantar non dubida do talento de Lúa López, a xove cantante barquense que leva a música no sangue, pero o que non se esperaban era que arrasase nas audicións a cegas do concurso de Antena 3 “La Voz Kids” 2026, converténdose nunha das participantes desta edición.

O programa de audicións celebrábase na noite do sábado 6 de xuño, en horario de máxima audiencia, e Lúa conquistaba a tres dos catro coaches, Antonio Orozco, Luis Fonsi e Ana Mena (Edurne era a única que non xiraba o sillón), sendo esta última a elixida por Lúa para que a guie durante o concurso.

Malia non haber data para o inicio desta edición de “La Voz Kids”, espérase que sexa en breve.

Back to top button