
O Concello de Viana do Bolo conta cun novo equipamento e material para reforzar o servizo de limpeza municipal e que este sexa máis eficiente. Así o vén de anunciar o Concello, concretando que se trata dunha varredoira eléctrica, dous sopradores, unha hidrolavadora e desinfectantes e xabóns especializados, que “serán de gran utilidade para axilizar a limpeza das nosas rúas e prazas”.
