CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Bayadère (O Barco) e as súas bailarinas brillan con luz propia no certame Más que Arte, en Ponferrada

 

Na recta final do curso a Academia de Danza Bayadère, no Barco de Valdeorras, é un fervedoiro de actividade. Día a día adestran e ensaian para perfeccionar o musical co que pecharán o ano. E entre medias, preparaban as coreografías coas que volveron conquistar ao xurado do concurso de danza nacional Más que Arte que se celebraba esta fin de semana en Ponferrada (León), conseguindo varios premios e unha beca.

 

 

Na sesión de mañá do domingo 7 de xuño, Chloe Colino de 9 anos conseguía o segundo premio (prata) coa coreografía Candy; e Isabel Fernández e Eugenia Dobao, o primeiro premio (ouro) coa coreografía Oceans and Pearls. “Ademais  Eugenia ganaba unha beca para ir bailar este verán a Madrid”, puntualiza a profesora, Nuria Reguera. Inés Álvarez ganaba o terceiro premio (bronce) coa coreografía Prestance; Luz González o primeiro premio polo seu baile Hit the Road Jack; e o grupo moderno competición facíase con outro terceiro premio.

 

 

E xa na sesión de tarde caían outros tres premios: o grupo de flamenco facíase co primeiro (ouro) por Alegría; o dúo de Candela Prada e Iria Fernándes outro primeiro (ouro) coa coreografía Último Capítulo; e Candela Prada facíase co segundo premio (prata) con Lola Flores.

 

 

O festival de fin de curso terá dúas funcións, os días 22 e 23 de xuño ás 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo e xirará en torno ao mundo xeado.

 

Cartel do festival, deseñado por Vero Vieira.

 

Fotos cedidas.

 

Back to top button