EconomíaEconomíaÚltima hora

Xornada técnica sobre ciberseguridade en Viloira (O Barco), o 15 de xuño

 

A Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA), en colaboración coa Amtega, organiza unha xornada técnica e participativa baixo o lema: “Un ciberataque non avisa. Estás preparado/a para responder?”. O encontro, que terá lugar o próximo 15 de xuño de 2026, ten como obxectivo principal ensinar ás empresas locais a previr, xestionar e responder ante posibles incidentes de ciberseguridade nos seus procesos industriais.
O evento desenvolverase de 9.30 a 11.30 horas na Casa Grande de Viloira (Avenida Otero Pedrayo 11, O Barco de Valdeorras).

O programa incluirá a presentación dos laboratorios e o centro demostrador de ciberseguridade industrial da Amtega, liderada polo seu director, José A. Cascallana. Ao longo da mañá, os expertos Efren Varon e Pablo Cuquejo analizarán casos prácticos reais para ilustrar como actuar fronte a un ataque. Así mesmo, abordarase a normativa de ciberseguridade aplicable da man dos especialistas en cybercompliance Susana Sanjurjo e David Oistrach.

Un dos piares da xornada será a simulación dun incidente de ciberseguridade industrial. Nesta actividade, dirixida por Efrén Varón, os asistentes poderán practicar os pasos e procedementos críticos que a dirección dunha empresa debe definir ante unha ameaza real. A sesión concluirá cun café networking para debater as leccións aprendidas.

A asistencia á xornada é gratuíta, aínda que conta con prazas limitadas, polo que se recomenda realizar o rexistro previo o máis axiña posible.

Esta iniciativa está financiada pola Unión Europea (NextGenerationEU) a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, contando co apoio do Gobierno de España, o INCIBE, a Xunta de Galicia (Amtega) e o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

ENLACE INCRIPCIÓN https://forms.gle/5HYzeogfcYxUi2ti9

 

Back to top button