
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, visitaba esta mañá a Feira de Doade, á que se referiu como un elemento auténtico e clave na dinamización do turismo rural. Posteriormente, tamén coñeceu o proxecto da Botica de Beade, unha iniciativa de recuperación patrimonial dunha antiga farmacia rural galega. Segundo apuntou Merelles, trátanse de dúas mostras da aposta do Goberno galego polo patrimonio histórico como elemento diferenciador e como reforzo á oferta turística no rural, destacando ademais a súa incorporación ao itinerario cultural europeo Aromas Itinerarium Salutis.

O director de Turismo de Galicia relacionou esta diversificación da oferta co importante crecemento a nivel de demanda que está a experimentar Ourense. No que vai de ano, rexistráronse máis de 190 noites en aloxamentos da provincia, un incremento do 18,9% sobre o mesmo período de 2025. En total, case 100.000 visitantes fixeron noite, o que supón un 9% máis. Estas cifras avalan o éxito da estratexia turística do Goberno galego, segundo sinalou Merelles.

