
Unha avaría detectada no colector de saneamento situado no tramo soterrado do río Cigüeño era a que motiva que o Concello do Barco decidise prohibir o baño dende a pasada tarde na praia fluvial do río Sil e ata novo aviso.
“Os técnicos do Consorcio de Augas, en coordinación con Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, están a facer as comprobacións necesarias para determinar o alcance da situación e poder precisar as actuacións a realizar. Unha vez que se comprobe a situación do colector, o Concello poderá informar do alcance das actuacións que se levarán a cabo”, segundo o Concello.
Debido a que a desembocadura do río Cigüeño está situada á altura da praia fluvial do Malecón do Barco, o baño non está recomendado unicamente augas abaixo da saída do caudal ao río Sil. Ata ter a garantía de que o colector funciona correctamente, non se levantará a prohibición do baño.
