ConcellosO BarcoÚltima hora

Un coche impacta contra o valado no paseo do Malecón, no centro do Barco

 

Novo accidente de tráfico, desta volta no centro do Barco de Valdeorras. Pasadas as 13 horas deste mércores 10 de xuño, un vehículo chocaba contra o valado no paseo do Malecón, xunto á fonte da ra, fronte ao Teatro Lauro Olmo.

Tal como indican fontes presenciais, parece ser que a condutora sufría un mareo e perdía o control do coche. Ata o lugar dos feitos acudían o GES Valdeorras, a Policía Local do Barco e unha ambulancia do 061 que trasladaba á muller ata o hospital para a súa observación.

 

Back to top button