
Na noite do martes 23 de xuño en Viana do Bolo vaise celebrar o San Xoán cunha gran fogueira e sardiñada popular no campo da feira. Será organizada pola Asociación Mulleres Rurais Bibei, en colaboración co Concello de Viana do Bolo.
O menú incluirá empanada, sardiñas con pan e bica, viño, auga e refrescos. Din os promotores que será unha noite “moi especial e máxica amenizada pola música de DJ Kola”.
A entrada anticipada (cun prezo de 10 euros) xa pode adquirirse nos puntos de venda que aparecen no seguinte cartel.

