OurenseÚltima hora

M-Clan e Miguel Ríos actuarán nas Festas de Ourense

O humorista Rober Bodegas será o encargado de ler opregón

 

O Concello de Ourense programa cinco días de música e actividades de lecer para celebrar as festas, dende o mércores 17 ata o domingo 21 de xuño.

A carteleira deste ano inclúe propostas consolidadas como o mercado medieval, xunto á Ponte Romana, as atraccións no Parque Barbaña, e a xincana de inchables acuáticos, ademais dun espectáculo de drons, a festa das cores, diversas exhibicións deportivas ou a actuación do grupo infantil Cantajuego.

O apartado musical será un dos grandes atractivos desta edición coa presenza de grupos e artistas de extraordinario prestixio como Miguel Ríos e M-Clan, dous referentes da música urbana galega como Dirty Suc e Hard GZ, ou o grupo de versións Conductores Suicidas (tributo a Joaquín Sabina), ademais de orquestras de primeiro nivel (Magma, América e Função Públika) e sesións de DJs.

O pregón inaugural correrá a cargo do humorista Rober Bodegas e o broche de ouro porao a tradicional tirada de fogos artificiais.

Programa Festas de Ourense 2026

 

Back to top button