OurenseÚltima hora

Falece un motorista nunha colisión cunha furgoneta, en Carballeda de Avia

 

Novo accidente de tráfico mortal na provincia. Na mañá deste venres 12 de xuño falecía un motorista tras verse implicado nun accidente de tráfico cunha furgoneta na autovía A-52, ao seu paso polo concello de Carballeda de Avia, tal como informan dende o 112 Galicia.

O sinistro producíase arredor das 07:45 horas, á altura do punto quilométrico 255, sendo o propio condutor da furgoneta quen contactou co 112 Galicia para informar de que “acababa de sufrir unha colisión cunha motocicleta. Pouco despois, indicou a posibilidade de que o motorista estivese falecido”.

Nada máis recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia informaban ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou inicialmente o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Tamén alertaban aos Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia e a Garda Civil de Tráfico.

“Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia só puideron confirmar o falecemento do motorista”, lamentan dende o 112.

Back to top button