Nova semana cargada de actividades para os Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense. Primeiro celebraban o Día Mundial do Medio Ambiente cunha ruta pola parroquia ourensá de Palmés.

Acompañados polo guía de montaña Jesús Fariñas, aprenderon flora e fauna; rastros de animais como raposos, teixugos, xabaríns, anfibios como tritóns; e patrimonio artístico como o Mosteiro de Santa Comba de Naves e o núcleo da Conchada. E dous dias despois pechaban o curso cunha nova recollida de cabichas dentro da Campaña “O Mar Empeza Aquí”.

“Atrápame se podes”
De forma paralela, o profesor Gonzalo Sánchez, Lalo, participa no concurso “Atrápame se podes, chanzo arriba”, da Televisión de Galicia, asegurando “fortes emociónss, luces e sombras…” Sairá o luns 15, o martes 16, o mércores 17, o xoves 18 e o venres 19 de xuño ás 19:30 horas.

Fotos cedidas.
