ConcellosÚltima hora

Cinco persoas feridas nunha colisión entre dous turismos, en Castrelo de Miño

 

Na madrugada deste sábado 13 de xuño, cinco persoas resultaban feridas por mor dunha colisión entre dous turismos. Segundo a información recollida no 112 Galicia, “o sinistro produciuse preto das dúas na OU-402, en Barral”.

O primeiro aviso sobre o sinistro chegaba ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia “mediante as chamadas de alertadores, pero tamén a través dun sistema automático dun teléfono móbil, que permitiu a comunicación coas persoas implicadas”, indican dende o 112, explicando que “aínda que todas estaban liberadas e accesibles, presentaban lesións de diversa consideración e foron trasladadas por Urxencias Sanitarias de Galicia-061. En total, cinco persoas resultaron feridas neste accidente”.

Alén de sanitarios, no operativo de asistencia participaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros do GES de Ribadavia e os voluntarios de Protección Civil de Castrelo de Miño.

Back to top button