
A mediofondista valdeorresa Inés Docampo Gamarra, do Club Adas Cupa do Barco, figura na lista de atletas preseleccionados pola Federación Galega de Atletismo (FGA) para a conformación da Selección Galega que acuda ao Campionato de España Absoluto por Federacións Autonómicas, que terá lugar o vindeiro 27 de xuño en Logroño (A Rioxa).
Inés Docampo está preseleccionada para a proba feminina absoluta de 1.500 m. A listaxe facíase pública o 11 de xuño por parte da FGA.
