Entre fíos e novelas, compartindo traballos, aprendizaxes, técnicas e coñecementos, pero tamén historias, un grupo de mulleres celebraba esta tarde de 13 de xuño, á beira do río Sil, o Día Internacional do Tecer Público no Barco.
A iniciativa estaba promovida pola tenda “Lo de María” e xuntaba a tecedoras de diferentes idades e técnicas, algunhas de Valdeorras e outras chegadas dende Viana do Bolo.

Este acto, que contaba co apoio do Concello, tiña lugar a partir das 18h. na praia fluvial do Malecón e era de carácter gratuíto e aberto ao público.
Fotos: A.R.

