OurenseÚltima hora

Trasladada en helicóptero unha moza tras ser atropelada en Vilanova dos Infantes (Celanova)

 

Pouco antes das catro desta tarde de domingo producíase un accidente de tráfico na estrada OU-540, en Vilanova dos Infantes (Celanova). Unha moza resultaba atropelada e estaba ferida grave. “A moza foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU)”, segundo o 112 Galicia, que tamén indica que, segundo a información recoliida, “a moza ía acompañada doutra persoa cando foi alcanzada polo vehículo. De feito, o acompañante necesitou atención psicolóxica especializada e púxoselle en contacto co Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE)”.

Pola súa banda, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou o traslado urxente da ferida, xa que, segundo apuntaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, o seu estado era grave. Ademais, os profesionais sanitarios trasladaron a dúas persoas máis.

Back to top button