
O Teatro Lauro Olmo acollerá o 17 de xuño a partir das 20h. o concerto de fin de curso do Conservatorio e da Escola de Música do Barco. “Os nosos alumnos e alumnas encherán o escenario de talento, esforzo e ilusión para despedir este ano académico da mellor maneira posible”, adiantan dende este centro de ensino.
