
O Sanysec – Ourense Atletismo vén de lograr o segundo ascenso consecutivo ao gañar a Primeira División da Primeira División da Liga Iberdrola ou Campionato de España de Clubs. Será a terceira vez que o equipo feminino compita en División de Honra despois das tempadas 2007-2008 e 2009-2010, tal e como destaca este club.
O encontro celebrábase nesta fin de semana en Pamplona entre o Sanysec – Club Ourense Atletismo, a AD Sprint de Madrid, o Oviedo Atletismo, o CA Safor-Teika, o Lleida UA, o Atletismo Alcorcón, o DELSUR Coop La Palma e a SG Pontevedra.
“A competición resultaba igualadísima ata o último intre e todo se decidiu nas dúas probas finais de relevos, decisivas para a clasificación definitiva. O Sanysec – Ourense Atletismo, que dominou a táboa durante toda a mañá desde a primera proba, certificou o ascenso xunto ás madrileñas”, segundo indica do Sanysec-Ourense Atletismo.
O inicio na primeira posición logrouse coa vitoria de Blanca Pereira en martelo grazas a un lanzamento de 61.15 m. A partir de aí foron chegando máis triunfos, ata un total de sete, por esta orde: Manuela Blanco en pértega (3.88 m), Sabela Castelo en 3000 m (9:48.50), Iria Solera en altura (1.76 m), a venezolana Andrea Michelle Purica en 100 m (11.63), Aitana Capeáns en peso (14.03 m, MP) e a colombiana Yiset Magali Jiménez en xavelina (58.18 m). “Con esa sólida base, o conxunto ourensán defendeu a súa privilexiada posición nos relevos finais, onde logrou un valioso 5.º posto no 4×100 m e un 8.º posto no 4×400 m, suficientes para asegurar o título e o ascenso”, resalta o club.
O MVA á mellor marca da competición por táboa internacional de puntuación de World Athletics recaeu na velocista Michelle Purica Guevara (100 m), del Sanysec Club Ourense Atletismo, grazas aos seus 11.64, rexistro valorado en 1.066 puntos.
Foto: Sanysec-Ourense Atletismo.
