
Neste 15 de xuño falecía o empresario barquense Salustiano González Vizcaya “Titín”, aos 59 anos. Era unha persoa moi coñecida e querida en Valdeorras, onde estaba á fronte da Estación de Servicio G.S., na avenida Manuel Quiroga do Barco.
Era fillo do tamén coñecido empresario Salustiano González e de Pilar Vicaya e estaba casado con Nidia Aurora Lezcano. A súa capela ardente está situada na Funeraria & Tanatorio La Cruz. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus nun funeral previsto para o martes 16 de xuño ás 18h. na igrexa de Santa Rita no Barco.

