OurenseÚltima hora

Homenaxe aos ourensáns caídos na Guerra de Cuba, entre eles moitos valdeorreses e vianeses, no Aniversario da Subdelegación de Defensa na provincia

 

No marco da celebración este martes 16 de xuño do “Aniversario da Subdelegación de Defensa en Ourense” rendíaselle unha homenaxe especial aos “ourensáns que deron a súa vida pola Patria” na Guerra de Cuba (1895-98). Alá polo ano 1900 a provincia tiña unha poboación de 404.311 habitantes, dos cales 1.646 falecían nese conflito e 659 eran repatriados antes de rematar esa guerra por feridas ou enfermidades, segundo ten recollido o subdelegado de Defensa en Ourense e coronel do Exército de Terra, Jesús Antonio Peñas. “É unha porcentaxe de 3,55 falecidos por mil habitantes”, matiza.

Entre os falecidos había unha gran cantidade de valdeorreses e vianeses. “Nalgunhas comarcas como Viana do Bolo ou Valdeorras esta porcentaxe chegaba ao 4,81 ou 4,40 falecidos por mil habitantes, un número elevadísimo. Este alto número de falecidos, xunto cos supervivintes feridos e efermos, da poboación máis xove, supuxo un duro golpe para as localidades”, destaca o subdelegado de Defensa en Ourense, quen lles tributaba unha homenaxe no acto.

Entregábasalles un documento aos representantes no acto do Concello de Ourense, Aníbal Pereira, e da Deputación, Rosendo Fernández. Tamén asistía ao aniversario o investigador Alfonso Vázquez Monxardín, que sostén o documento na imaxe inferior xunto a Rosendo Fernández.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Back to top button