CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O X Certame de Corais e Agrupacións Vocais AquaOurense, o vindeiro 27 de xuño en Parada de Sil

Contará con cinco agrupacións e terá lugar a partir das 19:30h. na igrexa parroquial desta localidade

Cedida.

 

A igrexa parroquial de Parada de Sil acollerá na tarde do vindeiro 27 de xuño o X Certame de Corais e Agrupacións Vocais AquaOurense a partir das 19:30h. Nesta mostra participarán cinco agrupacións corais: Rondalla de Centle (Agolada), Coral Polifónica de Monterroso, Coral María Soliña de Moaña, Grupo Velai Vai de Bentraces e a Coral Aqua Musica.

Este evento musical está organizado por Aqua Música, co patrocinio do Concello de Parada de Sil e a Deputación de Ourense, e coa colaboración da Parroquia Santa María desta mesma localidad e da adega Ponte da Boga.

 

Back to top button