En portadaÚltima hora

Así está agora a situación nas aldeas vianesas afectadas pola tormenta

 

O Concello de Viana do Bolo vén de informar de como está agora a situación nas aldeas afectadas pola forte tormenta que descargaba onte no municipio, e que viña a agravar “a situación de deforestación dos nosos montes provocada polos incendios forestais do pasado verán. Baixaban grandes cantidades de madeira, pedras e barro que foron arrastradas monte abaixo provocando o corte do acceso ao Castro dende a estrada OU-533, a OU-0903 entre Pixeiros e A Bouza e a OU-0902 entre Vilardemilo e Vilaseco”.

Neste senso, o Concello actualizaba a situación ás 13h. indicando que neses momentos “estanse a limpar as aldeas de Pradocabalos, con medios municipais, e de A Bouza, con medios enviados pola Deputación Provincial de Ourense. Ambas aldeas contan con subministro eléctrico e abastecemento de auga potable”.

Tamén se matiza dende o Concello de Viana que, polo momento, “non se precisan persoas voluntarias que acudan ás zonas afectadas a participar en labores de limpeza e/ou calquera outra función. Estamos a traballar para restablecer os accesos que permanecen cortados ás aldeas de Pixeiros e O Castro”.

Fotos cedidas.

Back to top button