ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Situación actual das aldeas vianesas afectadas pola tormenta e das estradas

Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Viana do Bolo vén de facer pública esta mañá unha actualización da situación na que están arestora as aldeas do municipio máis afectadas polas tormentas do pasado mércores 17 de xuño. Así ao OU-0902 entre Vilardemilo e Vilaseco está aberta ao tráfico.

En canto á zona da ponte na estrada OU-533 (A Rúa-Gudiña) á altura de Pradocabalos (Mesón da Ponte), continúan os labores de limpeza e retirada de cascallos.

Tamén proseguen os labores de limpeza na aldea de Pradocabalos e no caso da Bouza estase a retirar escombro e a limpar o terreo para, en caso de que se produzan novas choivas, poder canalizar a auga e que discorra de forma segura.

“O resto de material e desperfectos serán retirados unha vez que os peritos e seguros realicen a valoración dos danos e perdas materiais”, indica o Concello de Viana do Bolo que, ademais, expresa o seu agradecemento “á colaboración e comprensión da veciñanza, mentres continúan os traballos de recuperación das zonas afectadas”.

Por outra banda, a estrada entre Pixeiros e A Bouza, a estrada segue cortada dado a grave situación da mesma e as dificultades que implica a súa recuperación, tal e como confirmaba onte ao Periódico O SIL, o alcalde de Viana do Bolo, Germán García-Ávila.

Back to top button