
Na tarde deste venres 19 de xuño os servizos de emerxencia recuperaban o corpo dunha persoa falecida no río Támega, en Verín. Así o indican dende o 112 Galicia que foi coñecedor do suceso uns dez minutos despois das 13 horas. “O aviso, que foi recibido polas urxencias sanitarias, indicaba que había unha persoa falecida no río Támega, na zona da praia fluvial”, explican.
Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 informaban aos Bombeiros de Xinzo de Limia, ao GES de Laza e ao de Muíños, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Verín. “Unha vez alí, o corpo da vítima puido ser rescatado entre a dotación de bombeiros e os membros do GES de Laza, sen que nada se puidera facer por evitar o seu falecemento”, lamentan.

