OurenseÚltima hora

Unha condutora dase á fuga tras atropelar a un garda civil en Verín

 

Un garda civil resultaba ferido no termo municipal de Verín, tras ser atropelado por unha condutora. O suceso acontecía ás 14h. cando unha patrulla do destacamento de Verín, nun control, procedía a identificar a unha condutora, nese intre esta persoa iniciaba “a marcha subitamente arrastrando uns metros ao garda civil actuante, ata que este logra soltarse do vehiculo. A condutora na fuxida chocaba contra un turismo con matrícula portuguesa, continuando a marcha”, segundo informa a Garda Civil.

A condutora conta “con múltiples antecedentes policiais e carencia de permiso de condución. O vehículo non posúe nin ITV nin seguro”, indica a Garda Civil, ao mesmo tempo que explica que o axente atropelado “atópase con contusións e erosións en ambos os brazos, así como con traumatismo nun pé”.

A Garda Civil establecía un dispositivo para localizar á condutora e, finalmente, procedíase á súa detención na vila de Vilela, termino municipal de Cualedro e Partido Xudicial de Verín.

Back to top button