As piscinas municipais do Barco de Valdeorras abrían a tempada na xornada do venres 19 de xuño, e un día despois tócalle o turno ao bar.
Hoxe, sábado 20 de xuño, de 20 a 22 horas terá lugar a inauguración do establecento hostaleiro cunha Pool Party que contará co Dj Diego picando en vivo música bailable na terraza. Haberá bachata, reguetón, merengue, salsa,… é unha promoción especial en bebida.

Fotos: O SIL.

