Dende a Praza del Conceyu de Oviedo partía arredor das 17h. desta tarde o desfile do XVIII Festival Internacional da Máscara Ibérica (FIMI), que por primeira vez se celebra en territorio español. Era unha intensa, colorista e animada marcha con multitude de máscaras chegadas dende diferentes puntos da península. Entre as tradicións que participaban desta volta (un total de 30, cuns 600 participantes) estaba o Fulión e os Boteiros de Viana do Bolo.
Fotos: Javier Canal.



